info@febreroavogados.com 981553692
FEBRERO AVOGADOS ofrece servizos dunha moi alta calidade xurídica, pero iso é compatible coa fixación duns honorarios profesionais entendibles para os clientes, e moderados, que se sinalan en función do traballo realizado, e do beneficio xerado para os nosos clientes.
Neste sentido, e ante a posibilidade de iniciar un procedemento xudicial ou extraxudicial, o despacho confeccionará unha FOLLA DE ENCARGO que asinará co cliente, e no que se especificarán os traballos a realizar e o custe que suporá para os nosos clientes, e co fin de que éstos teñan unha previsión global de cal será o custe esperable do seu procedemento.
Para as empresas, FEBRERO AVOGADOS ofrece a posibilidade de concertar un sistema de prestación de servizos denominado “iguala”, en virtude da que, mediante o pago dunha cota establecida mensualmente, unha vez analizadas as necesidades e dimensión da empresa ou cliente, quedan incluidos os servizos xurídicos previamente pactados entre ambas partes, aos que se lle poden engadir, o asesoramento fiscal, contable e de xestión de persoal e de seguridade social, con algunha das Asesorías que colaboran co despacho.
Deste xeito as empresas terán orzamentados os Honorarios que polos servizos xurídicos, e de outro tipo, deberán abonar en cada exercicio, sistema que resulta sumamente áxil e eficaz para ambas partes. Consulte con nós e darémoslle un orzamento sen compromiso.
Contactar